Amanita caesarea


Raiña
[No monte... 12/09/2001]
[Reino Fungi | División Basidiomycota |Clase Agaricomycetes | Subclase Agaricomycetidae | Orden Agaricales | Familia Amanitaceae | Xénero Amanita]

Cogomelo difícil de atopar en Galiza, pero do que tódolos anos temos referencias, casi sempre do sur do país.
Vive en bosques caducifolios, carballos e castiñeiros son seus preferidos.
É un cogomelo termófilo, que gosta da calor, polo que precisa de choivas ou tormentas no mes de agosto para brotar a finais de setembro.
Precisa tamén cháns calizos, escasos en Galicia onde predomina o chán granítico e ácido.
Bo comestible, cunha calidade semellante á de outras amanitas, como a rubenscens ou a spisa, pero coa ventaxa de que admite preparacións en crú.
Non se deben recoleitar exemplares en estado de ovo, recomendase agardar que o sombreiro se desprenda do anel para colleitala; é escasa e ese é o mellor momento por producción, textura e sabor. Lembremos que o setal precisa de exemplares vellos esporando, e así dispor destes manxares o outono vindeiro, no mesmo pedazo de monte que este ano.
A volva semella a clara dun ovo cocido, é grosa e envolve ao primeiro todo o cogomelo, rompéndose co crecemento e deixando grandes trozos enriba da cutícula -non sempre presentes- e unha boa parte no chán, da que parte un pé amarelo adornado cun anel da mesma cor, amplio, membranoso, tipo minifalda cun estriado na parte superior típico en varias amanitas. Semella o molde de ter estado en contacto coas lamelas nas primeiras fases do cogomelo.
As lamelas son da mesma cor amarela do pé, anchas e numerosas, con moitas laminillas incompletas inercaladas.
A cutícula, de cor laranxa remata nun estriado caracteristico, o sombreiriño pode acadar ata vinte ou vintecinco cm.

No hay comentarios:

Publicar un comentario