Amanita muscaria


Reventabois, brincabois, atolamosca.
[Ponteareas, 2/11/2010]

[Reino Fungi | División Basidiomycota |Clase Agaricomycetes | Subclase Agaricomycetidae | Orden Agaricales | Familia Amanitaceae | Xénero Amanita]

Cogomelo de doada identificación, co seu vistoso bermello e graos brancos distribuidos por riba de toda a cutícula. E con volva, pé, anel e lamelas brancas. Pode acadar entre 12 e 20 cm, incluso máis, unha vez aberta. Como tódalas amanitas empeza en fase de ovo, pero ao medrar, a volva parte nun feixe de trociños como pérolas blancas, que quedan distribuidas sobre a base bulbosa do pé e por riba do sombreiriño.

O anel que tén é tipo minifalda, grande, membranoso, branco e nunha posición moi alta respecto do pé. Cando rompe deixa festoneado o reborde do sombreiriño.

A Amanita muscaria contén varios tóxicos, entre os que se atopan o ácido ibotémico e o muscimol, potentes neurotóxicos que provocan estados alterados de conciencia, pero tamén contén muscarina, un tóxico que provoca síntomas dixestivos rápidos e ten asociado o síndrome sudorífico, no que o paciente lagrimea e suda con gran intensidade.

Na cultura dos esquimáis este cogomelo forma parte da cultura popular, sendo consumida en festas e ocasións especiais. Esta cultura coñece que o muscimol e o ácido ibotémico se purifican no organismo humán sendo evacuados na primeira orina, e acostumaban a comer os cogomelos as mulleres, padecendo así elas o síndrome muscarínico, e recollendo os homes a orina delas para bebela e obter os efectos psicoactivos do cogomelo sen os desagradables vómitos que provoca a muscarina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario