Gymnopilus spectabilis


Cogomelo da risa
[Mondariz-Balneario, exposición de ADENCO, 2010]

[Reino Fungi | División Basidiomycota |Clase Agaricomycetes | Subclase Agaricomycetidae | Orden Agaricales| Familia Strophariaceae | Xénero Gymnopilus]

Gran cogomelo, que pode acadar os 18 cm de diámetro, medran cespitosamente en tocóns de madeira de piñeiro ou eucalipto. Dunha hermosa cor laranxa, máis parda no sombreiro que tén fibras máis escuras.

Con lamelas adnatas amareladas ao principio e pardas, ferruxentas coa esporada. E un pé robusto e claviforme adornado con anel da mesma cor que o resto do pé.

Destaca polo seu contido en psilocibina pero descoñezo a cantidade que poida ter cada exemplar. Esta característica lle valeu o nome de "seta da risa" en casi todas as culturas, dende o xaponés ata o italiano ou o galego.

Para algúns micólogos cando non é cespitosa e medran exemplares aillados, estamos ante o Gymnopilus junonius

No hay comentarios:

Publicar un comentario