Boletus reticulatus


Andoa de verán
[Soutolobre, setembro 2010]

[Reino Fungi | División Basidiomycota |Clase Agaricomycetes | Subclase Agaricomycetidae | Orden Boletales | Familia Boletaceae | Xénero Boletus]

Máis aromático que o edulis e tan bo como todos os boletus de carne blanca.
Ten a virtude de ser o primeiro que brota ano tras ano.
Coñecido tamén como boletus aestivalis, distínguese do edulis pola ausencia de cor blanca no reborde da cutícula, que se separa do sombreiro con facilidade. En tempo seco a cutícula pode presentarse agrietada.

Os poros, escotados, empezan sendo de cor branca e van amarilleando e posteriormente chegan a cores verdes. Cando se despegan da carne do sombreiro apreciase unha coloración amarela ausente en outros boletus de carne blanca.

O pé ten unha retícula parda que lle da nome o cogomelo, pero que non serve de moito para identificalo ao estar presente tamén en outros boletus de carne blanca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario