Amanita citrina



Francesiña
[Soutolobre, 19/11/2008]
[Reino Fungi | División Basidiomycota |Clase Agaricomycetes | Subclase Agaricomycetidae | Orden Agaricales | Familia Amanitaceae | Xénero Amanita]

Este precioso cogomelo non ten sabor agradable, pero é comestible. En algunha zona de Francia lle teñen predicamento e o consideran bo comestible, sinal de que eu ainda non din coa receita axeitada.


O sombreiro, de cor branquecina amarillenta, de entre 5 e 12 cm, cunha cutícula chea de restos da volva distribuídos concentricamente, e co reborde sen estrías.

As lamelas son numerosas e libres, moi xuntas, dunha cor blancuzca amarillenta tamén.
O pé está provisto de anel, tipo minifalda, estriado como no caso da caesarea, a rubenscens, e outras amanitas.

A volva é branca e con forma casi esférica, como de cesta, rematando nun reborde anular.

Ten cheiro a patacas vellas.

Podémolas atopar tanto entre coníferas como entre caducifolios.

Todo o xénero Amanita ten perigosidade e as identificacións dos cogomelos teñen que ser precisas xa que é este xénero o que máis mortes provoca cada ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario