Cantarela
Rebozuelo
[Salvaterra de Miño, 13/11/2008]
[Reino Fungi | División Basidiomycota |Clase Agaricomycetes | Subclase Incertae sedis | Orden Cantharellales | Familia Cantharellaceae | Xénero Cantharellus]
O primeiro que se me ocurre dicir deste cogomelo é que cheira a pexego, tamén que é do mellor que se pode atopar no monte. Sempre ten boa saúde, os bichos pasan de largo. Na cociña da moito xogo.
Cando medra en piñeirais medra pouco, sendo os tamaños habituais, entre os 3 e os 5 cm, alcanzando dimensións de 7 a 12 cm cando medra en bosques caducifolios.
Podemos atopar esta seta casi todo o ano, desde que templa a primaveira ata ben avanzado o outono.
Unha das preparacións culinarias nas que máis me gusta esta seta é en empanada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario